A casa do mar de Coruña será escenario este sábado dunha reunión clave para as confradías de toda Galicia e na que esta vez están citados os representantes da provincial da Coruña.
Unha reunión na que ademais se falará dun tema que está a xerar unha gran polémica en toda a comunidade, e en especial na comarca do barbanza.
Trátase do descontento que sinte o sector ante Tomás Fajardo, presidente da Federación Galega de Confradías, que tamén acudirá ao encontro.
Este malestar ten a súa orixe na problemática do cerco, dende entón a Federación provincial de Pontevedra pide a súa dimisión.
Os diferentes patróns maiores da ría, así como os representantes do sector
Os temas que se barallen neste encontro serán posteriormente trasladados ás diferente confradías, e nesta se tomará a decisión definitiva.
O patrón maior de Ribeira explica o motor o motor que o levou a esta situación e mostra a posición da confradia deste municipio.
A vindeira semana daranse a coñecer as primeiras conclusión que se sacaron despois da reunión.
https://www.youtube.com/watch?v=OGnKKrtozDI