Asociacións da BARBANZA non ven necesario crear un albergue de paso polo baixo número de persoas sen fogar en RIBEIRA

Representantes das diferentes asociacións da Barbanza como Cáritas, membros da ong
Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariade, o cura párroco de santa uxía e membros da plataforma stop desafiuzamentos do barbanza reuníronse na tarde de onte para estudar as posibilidades de aloxamento para persoas sen fogar e transeúntes.
Despois de escoitar cada unha das propostas o grupo chegou á seguinte conclusión.

Nun primeiro momento barallouse a posibilidade de habilitar un espazo que funcionaría como albergue, pero finalmente desbotouse a idea.

O feito de que o número de persoas sen fogar sexa reducido supón un dato moi positivo para cáritas.

Dende Cáritas eloxian o traballo que se está a levar a cabo dende servizos sociais do concello.

As diferentes asociacións da barbanza seguirán traballando sen ánimo de lucro para tratar de crear unha mellor convivencia na cidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.