Muros

Os emigrantes retornados volveron pedir na rúa un trato xusto por parte de facenda

Os pensionistas retornados da Barbanza e de Muros e Noia volveron sair esta mañá á rúa para demandar un trato xusto e igualitario por parte de Facenda.
Os emigrantes retornados non están dispostos a dar o brazo a torcer, como volveron manifestar esta mañá esixindo que Facenda lles trate como a calquera outro pensionista. Por esta razón, volverán completar o percorrido que separa a sede de Facenda en Ribeira da casa do Concello todos os mércores da última semana de cada mes.
Aseguran que non se sinten amparados polo goberno de España.
Mostraron o seu descontento nas rúas.
Algúns explican a súa situación.
Como sempre, finalizaron a protesta ás portas da casa consistorial, que será escenario de novas concentracións nos próximos meses. Non en balde, as dúas plataformas que aglutinan aos afectados das comarcas de Barbanza e Muros-Noia organizaron un calendario de mobilizacións que se prolongarán ata o verán «se non nos dan unha solución antes».

https://www.youtube.com/watch?v=ZUdpmUdMCW8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.