Os internos nos centros penitenciarios obterán novos fármacos para a HEPATITE C

O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Servizo Galego de Saúde a dispensar sen máis dilación os novos fármacos para a Hepatite C a todas persoas internas nos centros penitenciarios galegos para as que están establecidos estes tratamentos no Plan Nacional para a Abordaxe da Hepatite C no Sistema Nacional de Saúde. O portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez, afirmou que este apoio “é unha mostra máis, e para que non quede ningunha dúbida, do compromiso do Partido Popular de Galicia coa saúde de todos os cidadáns residentes na nosa comunidade, e de xeito especial cos enfermos de Hepatite C”.

A iniciativa aprobada incorpora ademais a solicitude para o establecemento dun sistema coordinado entre o SERGAS e a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias que permita a aplicación efectiva e máis eficaz posible do disposto no Plano para a abordaxe da Hepatite C no ámbito dos centros penitenciarios radicados en Galicia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.