Ledicia foi o que se respirou na sesión ordinaria do pleno de Ribeira celebrada na tarde de onte. Foron arredor dunha ducia os puntos debatidos, pero a proposición dos nacionalistas presentada por María do Pilar Sampedro en relación ao anteproxecto de lei de acuicultura xerou gran expectación. Ata a casa consistorial achegáronse varias decenas de veciños que colapsaron o recinto, entre eles algúns patróns maiores da comarca.
O partido popular propuxo dialogar co sector antes de retirar a lei, pero como o sector non está a favor finalmente retiraron a emenda. Un punto que foi aprobado por todos os grupos menos polo pàrtido popular, que se abstivo.
O punto 9 tamén xerou polémica. Era outra proposición do bng presentada por Luís Antonio Pérez en relación á dotación dunha segunda sala de exposicións en Ribeira.
Algúns artistas locais achegáronse á casa consistorial para vivir en directo o debate.
O que Luís propoñía era dotar a Ribeira dunha segunda sala de museos para trasladar a colección privada de muñecas que actualmente ocupa o edificio público. Unha proposición que finalmente non foi aprobada porque o pp votouen contra e o resto de partidos se abstiveron.
Pola contra foi aprobada por unanimidade a proposición de ipdr en relación á retirada de casteis tralo remate de obras.
https://www.youtube.com/watch?v=Ows8PRvLe_4