A concellería de cultura do Concello de Boiro, convoca unha nova edición do tradicional concurso de disfraces e carrozas que se realizará no marco das actividades de entroido 2016 o martes, día 9 de febreiro na Praza de Galicia.
Neste concurso poderán inscribirse todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, festeiros, veciñais…ou persoas que o desexen.
2. Modalidades:
Individuais /Parella
Grupos
Carrozas
As persoas interesadas poderán inscribirse na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” ata ás 14:00 h do luns, día 8 de febreiro ou no mesmo día do concurso na Praza de Galicia dende ás 17:30 h ata ás 18:50 h.
4. Premios: Aos premios maiores de 300 €
O primeiro premio individual será de 180 euros, o primeiro de grupos de 300 e o primeiro de carrozas de 550.
O xurado estará composto por dous técnicos de cultura e polas concelleiras de ensino e educación do concello de Boiro e queda facultado para resolver todos os aspectos que non estean contemplados nas presentes bases.