O cadáver da TARTARUGA DE BALIEIROS terá que agardar un día máis para ser retirado

O cadáver da tartaruga que apareceu na tarde de onte na plaia de Balieiros, en Corrubedo, terá que agardar un día máis para ser retirado, así informaban hoxe os integrantes de protección civil de Ribeira. Un pala do concello achegarase mañá á zona, e a empresa Jesuga será a encargada de transportar os restos.
A tartaruga foi atopada onte, o Grupo de Axuda e Emerxencias Municipal (GAEM) de Ribeira recibiu unha chamada alertando que na praia de Balieiros aparecera unha tartaruga morta na area. O animal, que mide preto de dous metros de longo, está nun avanzado estado de descomposición.

https://www.youtube.com/watch?v=3d3nSbjNNp4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.