Sin categoría

Rexistrados DOUS ACCIDENTES sen feridos na zona de ARNELA en PORTO DO SON e un COCHE ARDENDO en RIBEIRA

Hoxe foi un día que non pasou por alto para as estradas da comarca da Barbanza, e moito menos para tres dos vehículos que discorren con normalidade pola zona. En Porto do Son rexistráronse dous accidentes sen feridos na zona de Arnela.
Ás 11.30 horas tivo lugar o primeiro, no cruce de Abuín, un choque entre un coche e un furgón ao sairse un da súa vía, concretamente un Kia que circulaba en dirección a Ribeira. A policía local cre que se debeu a que o conductor se quedou durmido.

Sobre as 13.00 horas rexistrouse o segundo accidente, esta vez na recta do Largarto, entre dous coches, un renault expres e un magda, que iban dirección a Ribeira. O renault tratou de meterse por un cruce á esquerda e o magda chocou. Neste accidente tampouco houbo feridos, pero ao facer as probas de alcolemia os axentes decatáronse de que o conductor do magda, que chocou superaba as taxas termitidas, acadando un 0.72, que minutos máis tarde quedou nun 0.69.

O operativo correspondente, entre eles garda civil, policía local e grua, achegáronse á zona para limpar os restos e levar aos vehículos e tamén dirixir o tráfico.

En Ribeira rexistrouse outra incidencia, ás 8.55 horas nun vehículo que se atopaba ardendo na estrada DP 7301, no tramo comprendido entre o parque de San Roque e a rotonda de Xarás.

Ata o lugar se desprazaron o Grupo de Atención e Emerxencias Municipal (GAEM), Protección Civil, Policía Local e Bombeiros, procedendo á extinción do lume no turismo.

O vehículo –un Renault Laguna- quedou practicamente calcinado, pero non houbo que lamentar danos persoais.

Salir de la versión móvil