Unha dobre presentación a cargo da Banda da Loba e Ortiga forman parte da axenda deste venres dos directos do Xacobeo’21 na provincia da Coruña. O quinteto de voces femininas actuará no localidade de Melide, mentres que o artista da cumbia millennial estará en Boiro, grazas a este ciclo que forma parte do Plan de Reactivación dos Sectores Culturais e Turístico da Xunta de Galicia. Unha aposta financiada integramente polo Goberno galego e coordinado pola Asociación Galega de Salas de Concertos.