O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que a unidade mixta de investigación en oncoloxía de precisión que vén de crearse no hospital de Santiago é a primeira deste tipo que existe en España. É tamén a primeira colaboración desta índole que realiza a farmacéutica Roche Pharma a nivel mundial.
Neste acto, Feijóo, acompañado polos conselleiros de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou que a apertura en Galicia deste centro sen precedentes non é froito da casualidade, senón que, grazas ao autogoberno, Galicia creou novas oportunidades e consagrouse como “un lugar idóneo para a investigar, innovar e desenvolverse».