O Concello de Boiro está a buscar ferramentas para garantir a seguridade da veciñanza e tamén dos traballadores e traballadoras da administración local. Nesta liña ven de instalar na Casa Consistorial un sistema de Cita Previa e quenda, co obxectivo de eliminar as colas e as esperas e establecer un control efectivo no aforo.