Integrantes da organización ICE Renovación estiveron durante a fin de semana a realizar unha iniciativa en beneficio da comunidade consistente na eliminación de pintadas na praza dos Muíños de Santa Uxía. O concello de Ribeira proporcionou a pintura e varios voluntarios realizaron o traballo. Sen embargo onte mesmo a praza apareceu cuberta de pintadas, o que causou maior indignación entre a veciñanza.