Con motivo da celebración do 130 aniversario do nacemento de Castelao, o concello de Rianxo preparou unha ampla variedade de actos culturais para os próximos días. A presentación celebrouse esta mañá no auditorio de Rianxo, a cargo de Adelina Ces. Concelleira de turismo, Raquel Garcia Abuin. Concelleira de Cultura e Xuventude, e
Xesús Laíño,. Presidente de Barbantia, . Nesta xornada do 22 de xaneiro o auditorio de rianxo da apertura os actos conmemorativos coa presentación da obra “Cousas de nenos” ademais da posta en escea as 21:00 da obra de teatro, “De leria con Castelao”.
O Sábado 23, no mesmo auditorio terá lugar o concerto “Sons de Nós, homenaxe á revista Nón e as Irmandades da Fala” a cargo do trío, 2naFronteira. Xa o Sábado 29, presentase no auditorio o novo ejemplar da Voz de Barbantia, e a obra. “Lourenço xograr”, organizado por Barbantia e o Concello.
O sábado 30 realizarase a xa tradicional ofrenda floral ante o busto do ilustre rianxeiro, as 12:00 , e as 20:30 representacion da obra “os vellos non deben de namorarse” no auditorio.
Ata o 30 de xaneiro pode visitarse no auditorio a exposición X certame de artesanía Antonio Fraguas, da Deputación da Coruña. A cocnelleira de turismo convida a todolos barbanzas a participar desta homenaxe.