A reunión coa conselleira non consigue tranquilizar ao sector e a lei mordaza dificulta as mobilizacións dos mariscadores

A sede da Federación Galega de Confradías foi o escenario elexido pola conselleira do mar, Rosa Quintana para recibir aos patróns e vicepatróns maiores da ría de Arousa descontentos co anteproxecto de lei de acuicultura. Foi na tarde de onte cando a conselleira abordou entre outras cuestións este tema que está a xerar unha nova polémica no sector.

Despois desta reunión a ambiguidade do anteproxecto segue sendo o principal enemigo das confradias.

Na reunión Quintana mantivo o carácter voluntario de converter a actividade marisqueira en acuicultura. Un tema que os patróns maiores non ven tan claro e que consideran que ao contar o goberno coa maioría absoluta van acabar por impoñer e o van facer este ano.

Por outra banda a conselleira explicou que non sería unha empresa nin unha persoa individual a que pasase a xestionar un banco marisqueiro dos que actualmente explotan as confrarías ou as agrupacións. Sen embargo o patrón maior da Pobra non se explica que porque, sendo así, non se deixa claro na redacción do anteproxecto.

Juan Miguel aproveitou a ocasión para explicar a importancia de crear a figura do mariscador en Europa.

En canto á repercusión medioambiental Quintana explicouq ue as xaulas non estarían dentro da ría, pero a pesar disto Juan Miguel sigue vendo un risco moi importante nesta actuación.

Comezaron a pensar en mobilizarse, pero a nova lei mordaza atemoriza ao sector.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.