A CONSELLERÍA DO MAR regula por primeira vez a explotación dos recursos específicos en conxunto no Litoral Galego

A Consellería do Mar regula por primeira vez a explotación dos recursos específicos en conxunto no litoral galego. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que rexerá os plans de xestión e as habilitacións necesarias para a explotación de especies coma o percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anémonas e poliquetos.

A norma recolle o proceso selectivo para a obtención dos permisos para a súa extracción.

A Orde tamén establece os aspectos que hai que cumprir para renovar as habilitacións xa existentes. Así, no caso da renovación dos permisos para o marisqueo a pé para recursos específicos, requírese acreditar un 70% da actividade extractiva, un 95% dos traballos de semicultivo e vixilancia (se así o recolle o plan de xestión) e cumprir as prescricións que figuren no plan.

Para a renovación destes permex de marisqueo desde embarcación requirirase ter acreditada unha porcentaxe de actividade -dependendo do número de modalidades de recursos específicos dos que dispoña a embarcación-, ter feito o 95% dos días de traballos de semicultivo e vixilancia (se así o recolle o plan de xestión), cumprir as prescricións que figuren no plan e ter exercido unha actividade para manter o número de cotas de captura ás que pode ter dereito a embarcación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.