Na tarde de onte alcaldes e voceiros do PSdeG-PSOE mantiveron unha reunión de traballo na sede dos socialistas de Boiro para abordar as consecuencias do anteproxecto de lei de acuicultura presentado polo Partido Popular no sector marisqueiro e bateeiro e a súa posible incidencia nas economías das vilas costeiras, ao encontró asistiu tamén o deputado autonómico e voceiro de pesca José R. Val.
Para os socialistas este documento non atende ás necesidades do sector senón que defende claramente os intereses das grandes multinacionais acuícolas pretendendo privatizar o mar e o dominio público marítimo terrestre.
É unha estratexia claramente definida e premeditada do Partido Popular que comenzou coa aprobación da ESGA na que se posibilita a implantación de industrias acuícolas en calquera parte do territorio sen importar o seu nivel de protección ambiental e que ten a súa continuidade con este anproxecto de lei, que non busca outra cousa que cambiar o actual modelo de producción marisqueira e acuícola que levou a Galicia a ser un referente mundial.
Foi tamén o pasado luns cando a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa
Se reuníu na Confraría de Carril; asistiron representantes das confrarías, agrupacións de produtores de mexillón e do Consello Regulador (CRDO). Alí revisaron as mocións mocións presentadas nos distintos concellos da ría, para seren tratadas no Pleno da Corporación. Na comarca do Barbanza vanse presentar en Boiro, A Pobra e Rianxo.