Baixo o lema de «Non sexas perezoso, á natureza e ao teu concello cústalles moito», a empresa Urbaser vén de activar xunto co Concello de Ribeira unha campaña de sensibilización sobre recollida selectiva no municipio.
Ruiz Rivas destacou que ademais dos aspectos ambientais inherentes a unha campaña destas características, a acción reviste tamén un interese económico xa que unha separación de residuos axeitada a nivel veciñal repercute positivamente nas arcas do Concello e incluso podería levar a diminuír as taxas de recollida.
Ao fío disto, o alcalde informou dunha serie de datos respecto á recollida selectiva no Concello.