O PP critica a AGE por impedir que prosperase un acordo co que buscar solución á paralización temporal da actividade das mariscadoras en AROUSA

O portavoz do partido popular no parlamento de galicia vén de denunciar o veto de Alternativa Galega de Esquerdas que esta mañá impediu no seo da Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia que prosperase un acordo, que incorporaría unha emenda do Grupo Popular, na que se instaba á Xunta a buscar a fórmula axeitada para que as mariscadoras a pé da Ría de Arousa afectadas pola paralización temporal de actividade, e o conxunto das mariscadoras a pé galegas en similar situación, poidan acollerse a axudas dirixidas a atender as súas necesidades económicas no período transitorio durante o que non poden realizar o seu traballo.

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, quixo aclarar que na actualidade xa está vixente unha liña de axudas compensatorias para os profesionais do marisqueo da ría de Arousa, aprobada o pasado 30 de decembro e que conta cun orzamento de preto de dous millóns de euros. A estas axudas poden acceder armadores e tripulantes daquelas embarcacións afectadas pola paralización temporal e se circunscriben só a estes dous colectivos “como requisito obrigado polo Regulamento europeo que se lles aplica, ao estar financiadas con cargo a fondos comunitarios”, explicou.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.