Xunta de Galicia

Alberto Núñez Feijóo destacou hoxe a importancia dos campamentos de verán da Xunta para conciliar

Durante unha visita ao campamento de verán do albergue xuvenil Marina Española en Bergondo, no que se aloxaron nesta primeira quenda 35 nenas e nenos, Feijóo resaltou o labor fundamental que cumpren estes centros na planificación de todas as familias.
Por outra banda, o titular da Xunta en funcións sinalou que a primeira quenda dos campamentos se desenvolveu con plena normalidade e coa máxima seguridade. Un obxectivo acadado, dixo, grazas a que a Administración autonómica, en colaboración cos profesionais sanitarios e cos do tempo libre, deseñou un protocolo específico para campamentos e albergues xuvenís.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.