FEIJÓO subliña que a xunta non aprobará a lei de acuicultura sen ter o respaldo do sector

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a Xunta vai facer “un alto no camiño” na tramitación da Lei de acuicultura porque “non se vai aprobar sen ter o respaldo do sector”. “Pararemos esta lei ata que o sector vexa que está feita para eles, para darlle garantías, para que poidan obter fondos europeos e para que poidan protexerse das empresas que queren especular e que non queren crear postos de traballo”, aseverou.

Segundo manifestou durante a súa intervención no Pleno do Parlamento, a Xunta vai abrir inmediatamente mesas de diálogo cos bateeiros, coa xente do marisqueo e coas confrarías.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.