A flota do cerco volverá este luns ao mar

Tres meses de amarre foi o que pudo aguantar a flota do cerco antes de que este luns volva sair ao mar.
Foi esta semana, despois da reunión mantida en Madrid cando decidiron levantar o campamento que hai case 90 días instalaron fronte a San Caetano para reclamar un cambio nos criterios de repartición de cotas por barco.
O presidente de acega asegura que non foron quen de chegar a un acordo coa conselleira, pero que se viron obrigados a aceptar o feito de fixar unha cota minima para os barcos de 10.000 kg.
Non obstante aseguran que a súa reivindicación por un reparto xusto sigue en pe.
Dende acerga sinten que os mariñeiros se tiveran que meter na politica para tratar de arranxar un problema que afecta a case todo o sector.
Consólalles que se admitiu que «hai un problema», como o demostra a proposta realizada pola Consellería do Mar, «un mal parche que non nos queda outra que aceptar», pero que garante un mínimo de capturas para barcos que tiñan unha cota ridícula.
E tamén que se lles haxa condonado a sobrepesca que realizaron o ano pasado, dunhas 400 toneladas. Non hai que esquecer que o exercicio anterior multóuselles a pesar de que no cómputo global sobrou cota.
Agora a poñer todo a punto porque o luns para moitos volverá ser un día laborable.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.