Xunta de Galicia

A Xunta reforza as actuacións contra a violencia de xénero no medio rural cun novo convenio por importe de 250.000 euros

A Xunta reforza as actuacións contra a violencia de xénero no medio rural cun novo convenio asinado hoxe por importe de 250.000 euros ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, co obxectivo de que se leven a cabo campañas de prevención e sensibilización, xa que hai que ter especialmente en conta a incidencia da violencia de xénero nas mulleres que viven no ámbito rural.
O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, asinaron hoxe un acordo de colaboración para desenvolver medidas ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.