O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, desprazouse esta mañá a Ribeira para coñecer de primeira man os centros de día e ocupacional que xestiona neste municipio coruñés a Asociación de Minusválidos da Barbanza (Ambar) das persoas con diversidade funcional.
O conselleiro anunciou durante a visita un incremento de prazas financiadas con fondos públicos nestas dúas instalacións de Ambar.
En concreto, a Xunta de Galicia habilitará tres novas prazas no centro de día e outras dúas no centro ocupacional e prelaboral. A día de hoxe, o centro ocupacional de Ambar conta con 45 prazas, todas elas concertadas; e o centro de día dispón dun total de 20, das que 8 contan con subvención pública. Así mesmo, este incremento de prazas concertadas irá acompañado dunha subida superior ao 10% na liña de colaboración económica que o Goberno galego mantén coa entidade Ambar, ata chegar neste exercicio aos 461.149 euros.
A actual presidente en funcións tamén fixo unhas declaracións.
O alcalde de Ribeira mostrou a súa satisfacción.
A entidade que hoxe visitou o responsable da carteira galega de Política Social foi fundada no ano 1982 e na actualidade conta con máis dun milleiro de socios.
https://www.youtube.com/watch?v=LFAvnYps0Yg