Un novo anuario dixital repasa en clave municipal o acontecido en RIBEIRA en 2015

O Concello de Ribeira acaba de publicar esta mañá un Anuario Dixital no que se repasa o acontecido no noso municipio durante o 2015.

Con 111 páxinas e máis de 250 fotografías, a revista electrónica titúlase Riveira Futura. Unha mirada municipal ao ano 2015. Está dividida en cinco capítulos titulados, respectivamente, “Os piares estratéxicos”, “Vocación social”, “Un patrimonio de todos”, “Para afianzar o porvir” e “Gañando infraestruturas”.

A través das súas páxinas dase conta de moitas das accións emprendidas a instancias ou con participación do Concello, tales como melloras en infraestruturas (entre as que destacan as incluídas no Riveira Atlántica), actividades culturais e formativas, recoñecementos institucionais, medidas de transparencia e participación cidadá, ordenanzas de carácter social, iniciativas turísticas e para o emprendemento e un longo etcétera…

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.