Sin categoría

GAÑA O NOIA, empata o BOIRO e o RIBEIRA e o PUEBLA perden

Nunca é tarde si a dita é boa. E é que o Noia comezou o novo ano contando por vitorias os tres partidos que xogou. A última, onte, no campo do Rápido de Bouzas con dez xogadores sobre o campo e remontando un gol dos vigueses na primeira parte que elevou o marcador a 2-1.

O equipo de Lemos deixou pasar unha oportunidade importante para pór terra polo medio sobre as súas dous inmediatos perseguidores. Aínda así logrou un empate que lle serve para distanciarse do segundo clasificado cun punto máis. 1-1.
O Ribeira saltou ao campo do Paiosaco xogando como un equipo. A man do novo adestrador, José Mato, segundo informaron no club barbancés, notouse para mellor. De feito, basta dicir que os de Santa Uxía aguantaron ata o minuto 70 co marcador a cero e creando algunha ocasión de gol. Foi nese momento cando encaixaron o primeiro tanto, que foi en propia meta e coa axuda do forte vento, o que deu paso a dous goles máis nos nove minutos seguintes.
O puebla, pola súa banda, non pudo cun Xallas que xogou á contra e perdeu 2-1.

Salir de la versión móvil