O CERCO vese obrigado a aceptar a proposta de fixar unha cota mínima de 10.000 kg

Visto o ocorrido o xoves en Madrid, que o Goberno se negou a alterar os criterios de repartición de cota entre os buques cerqueiros do Cantábrico Noroeste e do golfo de Cádiz apelando á súa interinidade -e a que os demais non queren cambialo-, aos armadores galegos non lle queda outra que aferrarse á proposta que a Consellería do Mar puxo sobre a mesa para corrixir os desequilibrios que hai na asignación de cotas individuais. A Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) acordou onte en asemblea aceptar iso que expón a Xunta para garantir unha cota mínima para todas as embarcacións que varía en función das súas toneladas de arqueo (GT).
A oferta de Mar consiste en outorgar unha cota basee de 10.000 quilos para os buques que teñan menos de 5 GT -medida que conxuga tamaño e potencia-, que sobe a 15.000 sis o barco ten entre 5 e 10 GT. Si supera ese arqueo, a embarcación tería unha cota mínima garantida de 20.000 quilos. A iso engádeselle a porcentaxe que teñen asignado na repartición individual.
Deste xeito preténdese paliar a falta de cota de xurelo e xarda que teñen embarcacións que, ou ben se dedicaban a outra pesqueira -a da sardiña, por exemplo- e non dispoñen de históricos, ou que estiveron anos amarradas ata que as adquiriu un novo armador.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.