As deputadas nacionalistas Ana Belén Pontón e Monserrat Prado van presentar unha pregunta pàra a súa resposta escrita relativa ás carencias do servizo de pediatría en Rianxo onde cuestionarán á administración galega sobre as carencias no servizo de pediatría do municipio.
A asistencia pediátrica é un servizo do sistema público de saúde que é de moita relevancia na sociedade e que actualmente presenta deficiencias de xeito que está minguando a súa calidade por mor dos recortes que se teñen producido no sistema sanitario público.
Un dos lugares onde se están detectando problemas e queixas polas deficiencias na prestación de servizos é no concello de Rianxo. De feito detectáronse queixas por non substituír ao persoal por baixas e vacacións e detéctase un problema de sobrecarga de trabalo. A especialidade de pediatría ten 1.328 nenos e nenas ao seu cargo. Unha cifra que pode roldar os 1.400 con nenos e nenas non censados e que son atendidos alí. Está saturado e urxe un novo pediatra.
https://www.youtube.com/watch?v=w9MquGUrDbA