A Mancomunidade Arousa Norte firma un convenio de colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico en materia de reprevención. Esta mañá realizábase a firma de dito convenio na casa consistorial de Boiro, no acto participaron o alcalde e presidente da Mancomuindade Juan José Dieste, o presidente da fundación, Manuel Antonio Couceiro e o xerente da Fundación, Jesús Alonso Fernández. O presidente d afundación Galega contra o Narcotráfico destacaou a importancia de traballar cos mozos e mozas na prevención da drogadicción dado os últimos e alarmantes datos que se reflecten nas últimas enquisas realizadas, onde se desprende entre outras cousas que un 40% dos mozos conduce baixoos efectos do cannabis e outras sustancias.
O alcalde de Boiro agradeceu o traballo que se realiza dende as asociacións e destacou a importancia de previr na drogadicción pero tamén na de erradicar esta lacra.
Coa firma deste convenio chegaran novas actividades a comarca, entre elas a exposición saudarte.
O Barbanza continúa a ser un punto sensible en relación á drogadicción.