Xunta de Galicia

Xunta e Universidade de Santiago presentan as axudas do programa Emega deste ano para incentivar o fomento do emprendemento feminino.

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, presentaron o programa Emega para o fomento do emprendemento feminino para este ano, que nesta convocatoria conta cun 4% máis de orzamento con respecto ao ano 2019.
Alfonso Rueda indicou que este ano destinase máis de 1,7 millóns de euros para apoiar proxectos levados a cabo por mulleres emprendedoras co obxectivo de que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo femininos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.