Esta mañá no concello de Boiro, fíxose entrega do premio á tapa ganadora da ruta ‘Arousa Norte + Q Tapas’ nun acto presidido polo presidente da Mancomunidade Arousa Norte, e alcalde de Boiro, Juan José Dieste Ortigueira.
A Cafetería Memphis, do Concello de Rianxo, coa sua tapa elaborada con pan de pita, mexilón da Ría, nabizas e touciño conquistou os padais dos clientes que visitaron os preto de 30 locais participantes nos catro concellos de Arousa Norte.
O xerente do establecemento gañador agradeceu a a implicación dos clientes, os concellos e a empresa organizadora do evento.
O presidente da Mancomunidade Arousa Norte destacou a implicación dos hosteleiros da comarca lembrando a finalidade coa que naceu este primeiro concurso de tapas, a de desestacionalizar o turismo e fomentar a boa gastronomía da zona.
Dieste Ortigueira puxo a Cafeteria Memphis como ejemplo do bo facer. O concurso desenrolouse dende o 30 de outubro ata o 29 de novembro nos catros concellos repartido 2000 tapas a un prezo de dous euros cada unha.