O alcalde de Porto do Son, Luís Oujo deu conta esta mañá dos avances en torno a revisión que se está afacer do Plan Xeral co fin de adaptalo ás petición da Secretaría Xeral de Urbanismo. Precisamente onte tiña lugar unha xuntanza coa secretaria xeral de urbanismo na que participaron ademais do alcalde sonense, técnicos municipais, a arquitecta, o secretario e persoal da empresa redactora. A xuntanza fo moi positiva e o rexedor agarda poder presentar á corporación o documento a próxima semana para levalo a aprobación do pleno a comezos de febreiro.
O rexedor sonense agarda que na próxima primavera Porto do Son conte cun novo Plan Xeral que de seguridade xurídica a aqueles que desexen construir para garantir o crecemento do pobo ó tempo que resgarde a singularidade desta vila mariñeira.