Xunta de Galicia

A Xunta realizaralle tests serolóxicos a todo o persoal dos centros educativos antes do inicio de curso

A Xunta realizaralle test serolóxicos de dobre banda a todo o persoal dos centros educativos sostidos con fondos públicos antes do inicio de curso. Así o acordaron as consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e a de Sanidade na xuntanza mantida esta mañá para abordar o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros educativos non universitarios para o curso 2020/2021, elaborado por ambos departamentos e que será analizado na mesa sectorial do ensino non universitario este xoves. O documento estrutúrase en catro tipos de medidas, diríxese ao alumnado, ao persoal docente e non docente e ás familias, dado que manter a seguridade nos centros depende de toda a comunidade educativa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.