Galicia rexistrou en 2015 un dos anos máis cálidos e secos da súa historia recente . A súa temperatura media foi de 14,4 graos centígrados, un grao por encima da media climática, o que o converteu nun dos cinco anos máis cálidos das últimas tres décadas. Ademais, as precipitacións globais situáronse un 26% por debaixo dos valores normais.
Así o expuxo hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, durante a súa visita ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, onde realizou un balance climático do ano que vén de rematar.
No que se refire as precipitacións, a conselleira sinalou que 2015 foi “predominantemente seco”. A precipitación media foi de 982 litros por metro cadrado, unha situación que non se daba desde 2007.
Sete dos doce meses foron secos (febreiro, marzo, abril, maio, xullo, novembro e decembro). Isto quere dicir que as precipitacións foron entre un 10 e un 70% menos abundantes do habitual.
https://www.youtube.com/watch?v=HVyrQ8ACs1s