O Concello de Boiro segue a traballar pola limpeza e mantemento dos areais dos 14 quilómetros de costa do municipio. Onte rematou o prazo de inscrición para o proceso selectivo de limpeza de praias, no que se van contratar a 15 peóns para a limpeza e acondicionamento dos areais durante a época estival.