Arrancan as AROUSA-REVOLUTRION TRAIL SERIES coa proba de SAN ALBERTE

A asociación Arousa Natureza e Ocio deu a coñecer hoxe na Casa Consistorial de Ribeira as datas dunha nova convocatoria das Arousa-Revolutrion Trail Series, que arrancarán o vindeiro 31 de xaneiro coa proba de San Alberte e continuará coas citas de San Isidro na Pobra (21 de febreiro), Bealo en Boiro (6 de marzo) e Castro Barbudo en Rianxo (3 de abril): un calendario que conta coa implicación da mancomunidade de municipios Arousa Norte.

A competición terá un percorrido de 14 kilómetros e un desnivel de 475 metros. Como novidade, os corredores poderán participar por equipos ou en parellas.
O prezo para a carreira de San Alberto é de 9 euros, mentres que o circuíto total ten un prezo único de 30 euros. Máis información en http://www.arousa.com.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.