O BNG-AA presenta unha moción reclamando a creación dun centro de información á muller e un protocolo de actuación fronte a violencia de xénero

A concelleira do BNG-AA da Pobra, Cristina Andrade, manifestou que a violencia machista é a peor forma de violencia que soporta a nosa sociedade actualmente, un problema gravísimo, que, lonxe de ir desaparecendo, cada vez está máis presente.
Segundo afirmou a concelleira do BNG, parece que a mellor maneira de que os concellos aborden a violencia machista é a través dos Centros de Información á Muller, que facilitan e axilizan o tratamento integral deste tipo de violencia.
En representación do BNG-AA, presentan para o seu debate no pleno de xaneiro unha moción na que se demanda do goberno municipal da Pobra que se leven a cabo as xestións oportunas coa Secretaría Xeral da Igualdade, para a creación, ben a título individual, ben mancomunadamente con outros concellos, dun Centro de Información á Muller que atenda as necesidades dos veciños e veciñas da Pobra. Así mesmo, urxe ao goberno municipal a establecer á maior brevidade, un protocolo que estableza a colaboración e coordine os distintos ámbitos de protección e asistencia fronte á violencia de xénero que inclúa tamén medidas relacionadas cos fillos e fillas e familiares dependentes das mulleres vítimas de violencia, así como coas mulleres con discapacidade.

https://www.youtube.com/watch?v=LPlG8Y2kvjQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.