A Delegación do Goberno en Galicia colabora coa celebración da xornada electoral do próximo domingo a través do dispositivo de seguridade, que mobilizará a 6.866 axentes en toda Galicia. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, comprometeu a maxima cooperación ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión que mantiveron o pasado mes de xuño para pechar este dispositivo, que supón unha achega de 416.337 euros por parte do Goberno Central.
O dispositivo de seguridade para a xornada electoral do próximo domingo mobilizará máis de 6.800 axentes en toda Galicia

