Fabiola García comprobou a adaptación do centro á nova situación derivada da covid-19 e coñeceu as novas necesidades xurdidas tras a emerxencia sanitaria. Na unidade de atención temperá da Pobra do Caramiñal facilítaselles a nenas e nenos de 0 a 6 ferramentas para que gañen en autonomía e gocen dunha mellor calidade de vida cando sexan maiores
A conselleira de Política Social puxo en valor a rede galega de atención temperá para atallar os trastornos de desenvolvemento que poidan xurdir nos primeiros anos da infancia

