O partido popular da Pobra do Caramiñal vén de denunciar a mala organización do goberno local á hora de levar a cabo as actividades de Nadal.
Aseguran que a falta de seriedade foi o detonante que fixero que o pobo deixara de ser o punto de atracción para visitantes, tanto locais como dos municipios limítrofes, o cal provocou pouca afluencia de público.
Inciden en que foi o único Concello no que o alumeado da árbore de Nadal e do nacemento se apagaba a horas tempranas, o os xardíns non tiñan alumeado nin música ambiental, así como a falla de actividades na rúa.