A protesta continua na casa consistorial sonense ao ser insuficiente a proposta de mar para garantir un mínimo de cota

Na tarde de onte, despois de coñecer as últimas novidades que a consellería do mar propón para o sector do cerco e que consiste na aplicación dunha cota mínima de 10.000 quilos de xurelo para as embarcacións de menor tamaño, os armadores de Acerga levaron as súas protestas aos diferentes concellos e aí iniciaron un peche.
Os armadores afectados do barbanza, case todos eles de Portosín pasaron a noite no concello sonense. Trátase dun peche indefinido ata que Madrid revise o reparto.
Esta mañá a armadora dun barco deste municipio procedeu á lectura dun manifesto para declarar os dereitos da flota.
O presidente de acerga, pola súa banda, que tamén estivo presente no peche explicou a posición da asociación de cerqueiros ante a nova proposta de Quintana, asegura que non é suficiente e que non van parar ata conseguir o mellor para o sector.
Anunciou a demais unha nova reunión que vai ter lugar en Madrid.
Cos peches reforzan unha protesta que arrincou 80 días atrás cunha acampada fronte a San Caetano e caldean o ambiente nas horas previas á reunión coa Secretaría Xeral de Pesca, na que se avaliará como funcionou unha repartición que leva dous anos implantado e que rexeita a maioría do cerco galego, agrupado en Acerga.

https://www.youtube.com/watch?v=a_K3Qgc6-zc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.