jueves, septiembre 28, 2023

BREAKING

Dous homes foron rescatados esta mañá dunha dorna que foi a pique no touro debido ao mal tempo

O municipio de Ribeira veuse azoutado esta mañá por ventos que acadaron preto dos 100 km por hora. Un temporal que non pasou en balde para os mariscadores de a flote que faenaban esta mañá na zona de Touro.

Unha forte racha de vento puxo en perigo a integridade de dous mariscadores que tiveron que ser rescatados por un compañeiro, José maría Franco, propietario da embarcación Carmelita e irmán do patrón maior de palmeira, que nese momento se atopaba na zona co aparello.

José María explicaba máis tarde que debido ao temporal un cabo enganchou co motor da embarcación e esta comezou a encherse de auga ata botar o barco ao fondo. Os dous homes que estaban faenando non sufriron daños ao ser rescatados a tempo. Un suceso que tivo lugar ás 11.30 horas pero que non foi o único nesta xornada de traballo.

Asegura José María que houbo moitas embarcacións que sufriron percances, feito polo cal tiveron que deixar a zona e vir á terra.

Polo de pronto agárdase que melloren as condición no día de mañá así que as embarcacións tratarán de sair como de costume.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.