20 noviembre, 2026

Portos derruba a vella fábrica de xeo de Muros

Portos de Galicia está acometer unha importante actuación no porto de Muros, consistente na demolición da nave industrial para a fábrica de xeo. Unha nave que levaba tempo en desuso e que ocupa un importante espazo no porto muradá. Esta mañá a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou a zona, para ver o avance dos traballo, aproveitando para manter unha reunión coa alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo e co patrón maior da localidade, Daniel Formoso.
Mais esta non e a unica actuación que Portos está a realizar neste porto de Muros, nen tampouco a única demanda do patrón maior e da alcaldesa, que aproveitaron a visita da xefa do ente portuario para demandar unha vez mais a contrucción dunha rampa de acceso a lonxa de Esteiro, unha zona que carece de un acceso acondicionado para os mariñeiros.

Related posts

O CAMIÑO DA RÍA DE MUROS-NOIA CONVÉRTESE EN DIFERENCIAL PARA A VÍA QUERINISSIMA

CloudyX

O BNG DE MUROS-NOIA PRESENTA EMENDAS POR MÁIS DE 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENDER AS NECESIDADES DA COMARCA

CloudyX

MARÍA LAGO CARGA CONTRA OS ORZAMENTOS DA XUNTA

CloudyX