O concelleiro de Promoción e Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Ribeira, Ramón Doval, visitou as instalacións de Conserveros Reunidos SL (Conresa) en Couso a propósito do inminente inicio dun importante plan de investimentos por parte desta empresa encamiñados a mellorar o aproveitamento enerxético e impacto medioambiental na súa contorna: un plan que inclúe unha actualización dos procesos produtivos coa incorporación das mellores técnicas dispoñibles para o tratamento deste tipo de emisións.