O BNG advirte da privatización do ámbito deportivo no concello de Ribeira que, segundo os nacionalistas, pretende levar a cabo o goberno local e que formará parte dun dos puntos do día no próximo pleno ordinario.
Explican os nacionalistas que a proposta do PP é a de contratar unha empresa por 1.160.000€ por un período de 4 anos, para que xestione todas as actividades deportivas que se leven a cabo en instalacións públicas, unha proposta que ademais suporía un gasto de 360 mil euros máis que no caso de que o levara a cabo o concello
Pola contra a alternativa presentada polo Bloque é a de manter o servizo público de feito que se terían que facer unhas oposicións s para a contratación do persoal deportivo.
Os nacionalistas aseguran que van traballar para conseguir os demais grupos da Corporación non voten favorabelmente á proposta do goberno.
Alén destas 13 prazas de monitorado deportivo, poderíase ofertar e sacar conxuntamente a concurso público prazas para a policía local que se atopa cun número reducido de axentes e un reforzo do departamento de urbanismo que suporían case unha vintena de prazas públicas de emprego.
Os nacionalistas de RIBEIRA aseguran que o goberno local pretende privatizar o ÁMBITO DEPORTIVO DO CONCELLO
Please login to join discussion