RIBEIRA aproba un plan para acceder a 6.250.000 euros dos FONDOS FEDER

A corporación municipal ribeirense vén de aprobar por unanimidade o Plan de Desenvolvemento Urban Sostible Integrado para poder acceder aos Fondos Feder dentro do proxecto Ribeira Atlántica. No caso de conseguir esta subvención europea, Ribeira sería destinataria dunha contía de 6 millóns 250 mil euros cos que se levaría a cabo un plan integrado por catro obxectivos temáticos. O primeiro deles, a loita contra a pobreza, o segundo, a mellora na calidades das TIC, de terceiro a importancia de levar unha economía baixa en carbono e xa por último promover a eficiencia de recursos.

Os portavoces dos diferentes grupos expresaron a súa opinión antes de proceder á aprobación do punto.

Por outra banda, Anxo Orellán tomou posesión de concelleiro mediante a promesa de aceptación do cargo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.