O Concello de Boiro pon en marcha un novidoso proxecto fianciado pola Deputación da Coruña, coa colaboración da Asociación Boirense de Empresarios, trátase do programa de Formación – Aceleración Emprende Lab Barbanza. A presentación do proxecto fíxose esta mañá, no Concello de Boiro, coa presenza do concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, o xerente da ABE, Tomás Estévez e a orientadora laboral do Concello, Belén Ordóñez.