Xunta de Galicia

O DOG publica a apertura do prazo para que aloxamentos e axencias de viaxes participen no bono turístico.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución coa que se abre o prazo para que as empresas do sector turístico soliciten a súa participación no Bono Turístico, unha iniciativa que conta cunha dotación global de 5M€ e que xurde a petición do propio sector turístico, froito da colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Clúster Turismo de Galicia. O obxectivo é inxectar liquidez nas empresas desta industria, fomentar o turismo interno, incentivar o consumo e impulsar a recuperación da economía e do tecido empresarial da Comunidade ante a crise da covid-19.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.