ROSA QUINTANA afirma que os representantes do cerco valoraron positivamente a proposta de reasignación de cota deseñada pola administración

A Xunta aplaude que os representantes do cerco valorasen positivamente a proposta de reasignación de cota deseñada pola Administración galega. Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, trala xuntanza que mantivo hoxe cos representantes das asociacións de todo o sector do cerco de Galicia e coas distintas organizacións sindicais.

O obxectivo da reunión era o de intentar que achegasen posicionamentos sobre a proposta deseñada pola Xunta a petición do propio sector e que consiste en buscar unha “base mínima” de posibilidades de pesca para os barcos que non dispoñen de cota. Deste xeito, contempla a asignación dun mínimo de toneladas de xurelo para cada barco en función do seu tamaño e partindo de 10.000 quilos para os máis pequenos (5 GTs).

Segundo explicou a conselleira, os asistentes á reunión “valorárona positivamente e agora vana consultar cada un nas súas asociacións para podernos transmitir se a aceptan”. De ratificar este modelo de traballo, a Xunta informará ao MAGRAMA da decisión adoptada polo sector.

https://www.youtube.com/watch?v=-HRcYD3st7o

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.