Xunta de Galicia

A Consellería de educación abre o prazo para anotarse nas listaxes de docentes interinos e substitutos

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de abrir o prazo para anotarse nas listaxes para prestar servizos como docentes interinos e substitutos, nun total de 49 especialidades. Logo de esgotadas ou a piques de esgotarse as listaxes correspondentes a estes corpos docentes, iníciase o procedemento para a incorporación de novas persoas candidatas, co fin de ter cubertas as necesidades que poidan xurdir no sistema educativo público nos vindeiros meses. O prazo para formular solicitudes é de dez días hábiles contados a partir de mañá xoves, é dicir, ata o 15 de xullo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.