O pobo de Rianxo volveu ensalzar este sábado a figura de Castelao. Xavier Vence estivo presente durante a ceremonia. O portavoz nacionalista mantén a esperanza no futuro, e citou a Alexandre Bóveda para asegurar que o Bloque seguirá camiñando. O grupo nacionalista invocou o espírito de Bóveda e Castelao para que alumeen o futuro dun país que, segundo Vence, ten a obriga de derrotar á dereita nos vindeiros comicios autonómicos.
O alcalde do municipio tamén reivindicou o galeguismo e fixo referencia ao anteproyecto da lei da acuicultura.
Nun salón de actos ateigado, ao que acudiron moitas caras coñecidas do BNG barbancés de galego, tamén reivindicou a vixencia do pensamento de Castelao a secretaria comarcal de Galiza Nova, Elvira Blanco, que afondou no tema da emigración, que marcou a vida do rianxeiro «e que non podo evitar comparar coa da mocidade de hoxe en día».
Rematados os discursos as ducias de persoas que se achegaron ao Cuartel Vello dirixíronse ao paseo da Ribeira para a tradicional ofrenda floral.
A ceremonia a CASTELAO serviu para ensalzar o galeguismo e protestar polo anteproxecto da lei da acuicultura
Please login to join discussion